Que é Galicia Global
A web Galicia Global pretende ser un foro público onde todos os galegos e galegas poidan participar, deixando constancia da súa pertenza á nosa comunidade nun gran mapa do mundo, establecendo relacións de amizade e tendo a posiblidade de comunicarse a través dunha canle aberta, Blogalicia.
A través dun mapa do mundo onde os usuarios rexistrados en Galicia Global poderán indicar a súa situación no noso planeta, preténdese deixar constancia da presenza de galegas e galegos en todo o mundo. Cada usuario poderá deixar, se o desexa, unha breve descrición persoal, unha fotografía e unha lista de ligazóns aos seus espazos propios en Internet. Desde o ano 2008 tamén é posible establecer unha rede de amigos entre os diferentes usuarios de Galicia Global.
Por outra banda, creouse unha canle de comunicación global, ao xeito dun foro común, denominada Blogalicia (non confundir con Blogaliza), onde calquera usuario rexistrado poderá deixar mensaxes de carácter público.
Máis Internet, máis galego, máis futuro
Galicia Global
englóbase na iniciativa http://maisinternetmaisgalego.org,
que quere focalizar a súa atención nos contidos e servizos que están dispoñíbeis
en lingua galega na rede
e xurde propiciado pola celebración o 17 de maio do
Día de Internet, o Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da
Información e o Día das Letras Galegas
.
Se visitas a web da iniciativa poderás atopar outros espazos relacionados coa lingua e a cultura galegas en Internet.
Día de Internet
Para máis información acerca das celebracións do Día de Internet na esfera iberoamericana, podes visitar a web que a "Comunidad Iberoamericana de Naciones" adica ao evento.