Blogalicia
saudo
por o pardao o 05 de xullo de 2008 ás 15:51
Vaia en primeiro lugar un cordial saudo para tódolos galegos e de xeito especial para blogalicia.
San Botellón do campiño,patron das meluspias
por Campanula do Carmo Magalhaês Da Bola Preta o 05 de xullo de 2008 ás 00:37
O utro día non puden ir rezar o rosario por culpa duns raparigos que andaban esbandallados na rua cunhas bolsas do Froiz cheas de botellas,(as botellas nembargantes estaban mais ben valeiras)de ron,xenebra,whiski e outras bebidas do demo,os pobriños descoñecen que bebendo esas cousas alexanse de Deus(ainda que algun disque veu o espiritú santo) e volvense bolcheviques .Eu que tamén fun nova nunca tomei nada que non estivera homologado pola Santa Sede(pero sede a fin de contas)e mais pola conferencia Episcopal,xa sabedes: un viño Santa Catalina,viño da Ribeira Sacra e de vez en cando medía botelliña de Benedictine que me facía un efecto especial que xa quixera Santa Teresa,eso sí que era místico,unha vez cheguei a ver a Deus,e ata xoguei ó futbolín con San Pedro.O problema viña dispois,lembro que unha vez despertei nun antro lugubre de mala morte cun nome do demo,poñia "Centro de Saude" e todos vestían de branco,a maioría tiñan cara de amargados,seguramente lles facia falla un grolo...
Internet,agora no salgadoiro..
por Campanula do Carmo Magalhaês Da Bola Preta o 05 de xullo de 2008 ás 00:09
O outro día na novena de Santa Curuxa de Pradocabalos,patrona dos antivirus,o cura avisounos dos pecados que podemos atopar as que rezamolo rosario on-line,e mesmo que teñamos coidado nos chats de monxiñas de clausura,que sempre se cola algún bolchevique con intencións maliciosas.Eu sempre che fun moi previsora e instalei un antivirus,o último modelo traido de Israel e bendecido coas aguas do mar morto(morto debe estar, porque con tanto terrorista palestino,non deben de quedar nin os caramuxos),sentinme un pouco pecadenta,pois asociei que usar un antivirus e caseque coma usar un(avemaríapurisima) preservatívo ,pero finalmente instaleino.Días mais tarde ,na tenda de informática , o raparigo que despacha alí dixome que o ordenador "cascou",que quere decir en cristián que se fodeu,e manda carallo ,disque foi porque a agua do Mar Morto é moi salada,así que aproveitei o cacharro pra preparar uns arenques.As novas tecnoloxías non son pra vellas,irei rezar un rosario pola alma de San Bilgeis, patrón do Interné..
Os do sindicato ese...
por Campanula do Carmo Magalhaês Da Bola Preta o 04 de xullo de 2008 ás 23:53
O outro día fun co meu sobriño,que disque o botaron do traballo a un sindicato,cando entramos xa non me gustou nada que unha rapariga vestida de "hippie"estivera a fumar,logo pasamos o despacho dun que disque era abogado,o fulano dixolle a meu sobriño que non tiña nada que facer por el ,que era un caso perdido(esto mismo dicho un medico da Seguridade Social e xa encomendas a tua alma a San Xanciño das Troitas,patrón dos acojonados),pero cando lle soltou que lebava quince anos na empresa,o fulano botou contas e aceptou(disque che lamben un tanto por cen),e ahí saiu meu sobriño hinchando o peito ,agardando a chegada do xuizo(o final,non o outro).Por suposto perdeu o xuizo,perdeuno porque disque tamen foi por alí un criadiño do empresario e o abogadiño botou contas.Xa lle dixen eu ó meu sobriño que ós da C.I.G. tamen lle gustan os cartos,moito, eso si eles todo fan polo obreiro,convocanlle unhas folguiñas de vez en cando,logo cean coa patronal e o pardillo que despediron por culpa deles non o coñecen de nada.Rezarei un rosario por eles,pobres ovellas descarriadas...
Porque carallo non falou Nostradamus do cambio climático?
por Campanula do Carmo Magalhaês Da Bola Preta o 04 de xullo de 2008 ás 23:36
Escoitando a Cope o outro día,mentras calcetaba unha bufanda(hai que ser previsora)oín falar do cambio climático,Federico dixo que non existe,porque disque en Teruel fixo un frio de carallo este ano coma sempre e eso é síntoma de que non pasa nada.Logo un sesudo científico corroborou esta teoría ,e casi lle din a razón.Eso do cambio climático inventouno Al Gore pra vengarse do presidente(que gran home,gran cristián,gran estadísta e polo menos non tiña ningunha lurpia debaixo da mesa.)E os que pronosticaron dous anos de sequía? eses fixeronme fracasar no meu negocio de secado de bacalhao,con tanta agua doce mellor sería criar troitas,pero en fin..bueno,deixovos que vou rezar o rosario e despois teño unha reunión coas outras beatas pra mercarlle un sombreiro novo a San Lampio de Pedrafitelas,patrón dos termómetros que ese si que entende de cambios de temperatura e non os trapalleiros bolcheviques eses que lle andan a encher a cabeza a xente coa parbada do cambio climatico.Rezarei por vos,ovellas descarriadas!